Noticias de Asime

Asime oferta 1.000 prazas en 60 cursos gratuítos en competencias industriais

  • A patronal do metal, dentro do seu compromiso coa formación e o emprego, organiza un plan de cursos presenciais nas súas sedes de Vigo, Lugo e Narón e tamén en formato online.
  • A iniciativa, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e fondos europeos Next Generation, oferta preto de 1.000 prazas en 62 cursos diferentes ata xuño deste ano.

Asime, no seu compromiso coa formación e a capacitación, ten en marcha por terceiro ano consecutivo o seu programa formativo en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

O programa está financiado pola Unión Europea no marco dos NextGenerationEU e formou xa a máis de 3.000 persoas en 270 cursos sobre competencias clave para o sector industrial desde o ano 2022. Agora, abre outras 965 prazas en 62 cursos diferentes ata xuño deste ano 2024, cunha oferta formativa sen precedente, que busca ofrecer oportunidades de cualificación e recalcificación da poboación activa en sectores estratéxicos como o da industria do metal e as súas tecnoloxías asociadas

Enrique Mallón, Secretario Xeral de Asime, declarou: “Actualmente, o 35% das empresas industriais ten necesidades de persoal de maior ou menor urxencia que non están sendo capaces de cubrir. En Galicia necesítanse, como mínimo, 800 persoas para cubrir os pedidos e contratos cerrados xa pechados e outras 1.5000 de forma permanente a medio prazo para poder asumir novos proxectos”.

Hai especial demanda na eólica mariña, naval, e maquinaria industrial, que precisan perfís que van dende electromecánicos a soldadores, enxeñeiros, técnicos de automatización robótica ou tubeiros. Con programas como estes buscamos precisamente contribuír a solucionar a brecha existente entre demanda de perfís e cualificación dos traballadores e traballadoras, xerando emprego e potenciando o crecemento do sector industrial”.

Con esta iniciativa, Asime ofertará de forma gratuíta máis de 60 cursos para preto de 1.000 persoas ata o mes de xuño, dando resposta ás necesidades reais do sector, que afronta importantes cambios relacionados coa dixitalización ou a transición enerxética.

En Vigo terán lugar cursos sobre ensaios, enerxías renovables, comprobación e diagnose de vehículos eléctricos, instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos, loxística, soldadura, programación de robots, instalacións eléctricas, carretilla elevadora, piloto de drons, tubaxe industrial ou caldeirería. Hai un total de 33 cursos con 500 prazas abertas.

En Narón, as formación abordarán carretilla e almacén, ponte grúa, prevención de riscos laborais, soldadura, ensaios non destrutivos, primeiros auxilios, liderado preventivo ou carretilla frontal e retráctil (este último en Bergondo). Faranse un total de 20 cursos para 200 persoas.

En Lugo, pola súa banda, centraranse en ponte grúa, carretilla elevadora e prevención de riscos laborais. Hai un total de 7 cursos con 84 prazas abertas.

Así mesmo, as persoas que o prefiran poden formarse tamén nun amplo catálogo de 9 cursos en liña que cobren áreas como business inteligence, xestión de tempo, xestión de recursos humanos, automatización industrial robótica, intelixencia artificial, contabilidade analítica ou programación CAD-CAM. Hai un total de 141 prazas abertas para estas formación online.

Todos os cursos están abertos a persoas desempregadas inscritas na oficina de emprego de Galicia ou a traballadore/as de empresas galegas, e non supoñen custo algún para os participantes nin tampouco para as empresas, que non consomen crédito da Fundae ao non necesitar bonificar os cursos.

As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse a través da web  www.asimeformacion.es

Compartir

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn
X