Xornadas Técnicas sobre Seguridade e Saúde Laboral na Industria
Fecha: 17/10/2025 de 00:00 a 00:00
Asime, co financiamento da Xunta de Galicia, convida a participar nas Xornadas Técnicas sobre seguridade e saúde laboral na industria, que terán lugar o venres 17 de outubro ás 09.30 horas, na Sede de Asime Vigo (Rúa do Doutor Corbal, 51).
Contido
O principal obxectivo deste encontro é analizar e compartir coñecementos sobre cuestións de actualidade no ámbito da prevención de riscos laborais e da seguridade e saúde no traballo, afondando en problemáticas de especial relevancia para a industria.
Durante a sesión abordarase a exposición laboral a axentes nocivos como o amianto, o po de sílice e o radón, así como o impacto dos hábitos de vida e factores como o tabaquismo ou a falta de ventilación na saúde das persoas traballadoras. A xornada contará coa participación de profesionais de referencia que achegarán a súa experiencia e visión práctica, favorecendo o intercambio de coñecementos e o establecemento de relacións entre asistentes.
Inscrición
É imprescindible confirmar a asistencia. Un evento exclusivo para asociados á Asime. Podes apuntarte aquí.
Programa
09.30 – 09.45: Cafe benvida
09.45 – 10.00: Apertura
- Asime: Noa Sotelino, Técnica do Servizo Prevención Mancomunado Asime, SPM-Asime
10.00 – 10.45: Traballos con risco de exposición ao amianto e ao po de sílice
- Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA): Alfonso M. Pérez, Xefe do Centro ISSGA Pontevedra
10.45 – 11.15: Exposición ao radón: normativa e medición
- Laboratorio Radón de Galicia: Lucía Martin-Gisbert, Directora de Calidade e Investigadora de medicina preventiva e saúde pública da USC
11.15 – 11.45: Hábitos saúdables, tabaquismo e falta de ventilación
- Alborada
11.45 – 12.00: Conclusiones e peche
12.00: Café Networking
