Xornadas Técnicas sobre Seguridade e Saúde Laboral na Industria
Fecha: 15/10/2025 de 00:00 a 00:00
Asime, co financiamento da Xunta de Galicia, convida a participar nas Xornadas Técnicas sobre seguridade e saúde laboral na industria, que terán lugar o mércores 15 de outubro ás 09.30 horas, na Sede de Asime Vigo (Rúa do Doutor Corbal, 51).
Contido
O principal obxectivo deste encontro é analizar e compartir coñecementos sobre cuestións de actualidade no ámbito da prevención de riscos laborais e da seguridade e saúde no traballo, facendo especial fincapé na perspectiva de xénero e nos retos que afronta a industria neste eido.
Durante a sesión trataranse temas clave como os riscos psicosociais vinculados á perspectiva de xénero, así como o impacto do absentismo laboral nas empresas. A xornada contará coa participación de profesionais de referencia que achegarán a súa experiencia e visión práctica para favorecer a mellora continua da cultura preventiva no sector.
Inscrición
É imprescindible confirmar a asistencia. Un evento exclusivo para asociados á Asime. Podes apuntarte aquí.
Programa
09.30 – 09.45: Cafe benvida
09.45 – 10.00: Apertura
- Asime: Isabel Vázquez, Directora IDE-Asime
- Xunta de Galicia: María Quintiana, Directora Xeral de Promoción da Igualdade
10.00 – 10.30: Riscos psicosociais e perspectivas de xénero
- Grupo Arestora: Juancho Armental, CEO
10.30 – 11.00: Absentismo laboral
- KPMG Abogados Galicia: Manuel Flores, Senior Manager Área Laboral
11.00 – 11.15: Conclusiones e peche
11.15: Café Networking
