Xornadas Técnicas: Seguridade e Saúde laboral
Fecha: 26/06/2024 de 09:30 a 11:00
Lugar: Ferrol y Vigo
Dende Asime, e co financiamento da Xunta de Galicia, invitámosbos a participar nunha Xornada Técnica sobre seguridad e saúde laboral na industria.
Nesta ocasión, o evento celebrarase presencialmente en Ferrol e de xeito presencial e online en Vigo, podendo elixir entre ambas localidades en función da localización que mellor se adapte ás vosas necesidades.
- Mércores 26 de xuño, as 09.30 horas, no Gran Hotel de Ferrol (Carretera de Castilla, 75)
- Xoves 4 de xullo, as 09.30 horas, na Sede de Asime Vigo (Rúa do Doutor Corbal, 51) e Online.
CONTIDO
O principal obxectivo do encontro é dar a coñecer os posibles efectos adversos e riscos laborais das exposicións técnicas propostas. Abordaremos, entre outros temas, o do radón, onde se analizará a nova normativa, as medidas de seguridade que se deben implantar e as doses límite que se poden alcanzar en cada caso particular.
Así mesmo, expertos do sector debaterán sobre boas prácticas vinculadas ao traballo de cubertas ou como previr os riscos psicosociais no sector do metal, garantindo que as medidas de prevención de riscos para a seguridade e saúde laboral sexan de boa aplicación para a industria do metal e as suas tecnoloxías asociadas.
PROGRAMAS
XORNADA EN FERROL, Mércores 26 de xuño – 09.30 horas, Gran Hotel de Ferrol (Carretera de Castilla, 75)
09.30 – 09.35: Apertura
- Puri Martínez, Responsable Servicio Prevención Mancomunado Asime, SPM-Asime
09.35 – 10.05: Exposición o radón: nova normativa e medición
- Lucía Martín de Bernardo, Responsábel de calidade, Laboratorio acreditado de Radón de Galicia Cretus
10.05 – 10.35: Accidentes in itinere, inmisión e relación coa idade avanzada e co estrés como risco psicosocial
- Jeanne Picard Mahaut, Secretaria y Delegada en Galicia, Stop Accidentes
10.35 – 11.05: Análise dos cambios demográficos e como afectan á percepción e manexo dos riscos pisosociais, ergonómicos e á organización do traballo
- Carlos Montes Piñeiro, Presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
11.05 – 11.15: Clausura
- Puri Martínez, Responsable Servicio Prevención Mancomunado Asime, SPM-Asime
- Martina Aneiros, Delegada Territorial, Xunta de Galicia Ferrol
11.15: Café – Networking
XORNADA EN VIGO, Xoves 4 de xullo- 09.30 horas, Sede Asime Vigo (Rúa do Doutor Corbal, 51) e Online
09.30 – 09.35: Apertura
- Purificación Martínez, Responsable do Servizo Prevención Mancomunado Asime, SPM-Asime
09.35 – 10.15: Traballos en cuberta: boas prácticas e responsabilidade penal en caso de accidente
- Luis Vázquez, Responsábel Territorial de Seguridade e Saúde Laboral e Emprego, Fundación Laboral da Construcción
- José Fernández, Asociado Principal do departamento de Litixios & Arbitraxe, Garrigues
10.15 – 10.55: Riscos psicosociais, hábitos saudables e desconexión dixital no sector metal
- Borja Ríos, Asociado principal do departamento de traballo, Garrigues
- María García, Consultora estratéxica de xeración impacto positivo ESG, Galaica Consultoría Integral
10.55 – 11.15: Clausura
- Patricio Fernández, Vicepresidente, Asime
- Pablo Fernández, Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais, Xunta de Galicia
11.15: Café – Networking
INFORMACIÓN
Estes encontros celebraranse de xeito presencial en Ferrol e presencial e Online en Vigo. As empresas que desexen asistir, poden inscribirse a través dos formularios de rexistro.