Eventos

Sesión aberta: Plan Director da industria metalmecánica

Dende Asime continuamos avanzando na elaboración do Plan Director da industria metalmecánica de Galicia para a Xunta de Galicia, co obxectivo de reforzar a competitividade do tecido industrial galego nun contexto global cada vez máis esixente.

Neste marco, organizaremos unha sesión de traballo aberta o vindeiro xoves, 4 de xuño, ás 09:30 horas, na EGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela (Rúa de Madrid, 2).

O obxectivo desta xornada será compartir o enfoque do Plan Director e recoller achegas do sector arredor dos principais retos e prioridades de futuro da industria galega.

Durante a sesión, presentaranse os obxectivos e liñas de traballo do Plan Director, e habilitaranse espazos participativos para identificar necesidades, prioridades e propostas que contribúan a reforzar a competitividade do sector.

En conxunto, tratarase dunha xornada concibida como un espazo aberto orientado a incorporar a visión do conxunto de empresas asociadas de Asime e contribuír, de maneira participativa, á definición das prioridades e liñas estratéxicas do Plan Director.

*Actuación desenvolvida no marco do Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e Asime para a elaboración do Plan Director da Industria Metalmecánica e outros instrumentos complementarios.

 

Programación

  • 09:30 | Recepción de asistentes
  • 10:00 | Apertura institucional
    • Consellería de Economía e Industria
    • Asime
  • 10:20 | Obxectivos do Plan Director
    • Asime
  • 10:30 | Debate – Sesión I: Cara onde nos diriximos?
  • 11:30 | Pausa café
  • 11:50 | Debate – Sesión II: Qué precisamos?
  • 12:50 | Debate – Sesión III: Cómo reforzamos a competitividade?
  • 13:50 | Clausura

 

Inscripción

Se queres asistir a esta sesión de traballo, inscríbete a través deste formulario.

mayo, 2026

lun

mar

mie

jue

vier

sab

dom

-

-

-

-

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

27may08:4508:45Sesión aberta: Plan Director da industria metalmecánica

Compartir

Facebook
Twitter
LinkedIn
X