Xornadas Técnicas: Seguridade y Saúde Laboral
Fecha: 24/10/2023 de 09:15 a 14:15
Lugar: Asime Vigo (Rúa do Doutor Corbal, 51)
Dende Asime, en colaboración coa Xunta de Galicia, convidámosvos a participar nunhas Xornadas Técnicas de Seguridade e Saúde Laboral. O acto terá lugar o vindeiro martes 24 de outubro ás 9:30 horas, presencialmente na sede de Asime Vigo (Av. Doutor Corbal 51). A xornada ofrecerá información práctica sobre técnicas, métodos e procedementos en materia de seguridade e saúde laboral no ámbito industrial, onde expertos na materia poderán resolver todas as dúbidas suscitadas durante a xornada.
Contido
O principal obxectivo do encontro é dar a coñecer os posibles efectos adversos e riscos laborais das exposicións técnicas da xornada, procurando que as medidas de prevención de riscos para a seguridade e saúde laboral sexan de boa aplicación á industria do metal e ás súas tecnoloxías asociadas.
Así mesmo, durante a xornada, expertos do sector debaterán sobre boas prácticas vinculadas ao traballo de ergonomía, os riscos químicos e os principais hábitos saudables no ámbito laboral.
Programa
09.15 – 09.30: APERTURA
09.30 – 10.15: XORNADA TRABALLOS DE NATUREZA PENOSA, TÓXICA, PERIGOSA E INSALUBRE ASOCIADOS O RISCO QUÍMICO E EXPOSICIÓN AO POLVO DE SÍLICE.
- María Montenegro Cobas, Responsable Dpto. Prevención, Seguridad y Salud en obra Delegación Galicia, SGS Tecnos S.A.
10.15 – 11.45: XORNADA SOLUCIÓNS ERGONÓMICAS NAS ÁREAS DE PRODUCCIÓN TENDO EN CONTA A PERSPECTIVA DE XÉNERO.
- Xavier Alfonso Cornes, Director Técnico, UMANA
- Sandra Fernández Carrera, Directora, CORPO
11.45 – 12.15: CAFÉ-NETWORKING
12.15 – 14:00: XORNADA HÁBITOS SAÚDABLES CON FACTOR RELACIONADO COA SAÚDE FÍSICA E PISOCOLÓXICA
- Patricio Beiro, Dietista-nutricionista y Directora en Sernuga 100% saludable
14.00: CLAUSURA
Información
Este encontro realizarase de xeito presencial na sede de Asime en Vigo (Avda. Doutor Corbal, 51) e en liña a través da plataforma Zoom.