Eventos

Encontro empresarial: Minería, Industria e Progreso

Dende Asime e Cobre San Rafael organizamos á xornada “Minaría, industria e progreso: os recursos naturais como motor da economía galega”, que se celebrará o vindeiro venres 26 de setembro ás 9:00hs no Club Cámara Noroeste (P.º Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, s/n, 15001 A Coruña).

O obxectivo da xornada é poñer en valor o papel estratéxico dos recursos naturais como motor dunha Galicia máis industrial, innovadora e sustentable. Nun momento decisivo para o futuro económico da nosa comunidade, esta xornada propón un espazo de reflexión compartida sobre a importancia dunha minaría responsable como elo inicial dunha cadea de valor que integre transformación industrial, sustentabilidade e emprego de calidade.

Inscripción

É imprescindible confirmar a asistencia. Trátase dun evento a porta pechada, con control de acceso. Podes apuntarte aquí. 

Programa

Venres, 26 de setembro – 09:00hs Club Cámara Noroeste (P.º Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, s/n, 15001 A Coruña).

09:00 – 09:15: Apertura Institucional

  • Asime: Enrique Mallón, Secretario Xeral

09:15 – 10:15: Proxecto Cobre San Rafael e o seu impacto socioeconómico a nivel local e na comunidade

  • Cobre San Rafael: Fernando Riopa, Director Xeral
  • Valora Consultores: Daniel Domínguez, Director de Gobernanza e Reporting ESG

10:15 – 10:55: Mesa Redonda: A reindustrialización de Galicia a partir do aproveitamento dos recursos naturais
Modera: Jennifer González, Directora de Relacións Institucionais, Asime

  • Asime: Enrique Mallón, Secretario Xeral
  • Cobre San Rafael: Fernando Riopa, Director Xeral
  • Acebrón Group: Rebeca Acebrón, CEO
  • Cámara Oficial Mineira de Galicia: Diego López, Director de construción de Cerámica Campo e membro da xunta e tesoreiro da Cámara Oficial Mineira de Galicia

10:55 – 11:10: Peche Institucional

  • Cámara de Comercio de A Coruña: Antonio Couceiro, Presidente

11:10: Café Networking

octubre, 2025

lun

mar

mie

jue

vier

sab

dom

-

-

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

No hay evento

Compartir

Facebook
Twitter
LinkedIn
X