Xornadas Técnicas sobre Seguridade e Saúde Laboral na Industria
Fecha: 29/10/2025 de 00:00 a 00:00
Asime, co financiamento da Xunta de Galicia, convida a participar nas Xornadas Técnicas sobre seguridade e saúde laboral na industria, que terán lugar o mércores 29 de outubro ás 09.30 horas, na Sede de Asime Vigo (Rúa do Doutor Corbal, 51).
Contido
O principal obxectivo destas xornadas é analizar os traballos marítimos e industriais desde unha perspectiva de xénero, abordar a prevención dos riscos asociados a condicións perigosas e estudar o impacto das novas organizacións do traballo e da intelixencia artificial (IA). Ademais, tratarase a promoción de hábitos saudables e a prevención do tabaquismo, co fin de mellorar a xestión preventiva e garantir contornas laborais máis seguras, igualitarias e saudables, especialmente na industria marítima-industrial.
Inscrición
É imprescindible confirmar a asistencia. Un evento exclusivo para asociados á Asime. Podes apuntarte aquí.
Programa
09.30 – 09.45: Cafe benvida
09.45 – 10.00: Apertura
10.00 – 10.45: Traballos marítimos e perspectivas de xénero
10.45 – 11.05:Traballos de natureza perigosa e novas formas de organización no traballo
11.05 – 11.25:Hábitos saúdables, tabaquismo e falta de ventilación
11.25 – 11.30: Conclusiones e peche
11.30: Café Networking



