Eventos

Xornadas Técnicas sobre Seguridade e Saúde Laboral na Industria

Asime, co financiamento da Xunta de Galicia, convida a participar nas Xornadas Técnicas sobre seguridade e saúde laboral na industria, que terán lugar o venres 17 de outubro ás 09.30 horas, na Sede de Asime Vigo (Rúa do Doutor Corbal, 51).

Contido

O principal obxectivo deste encontro é analizar e compartir coñecementos sobre cuestións de actualidade no ámbito da prevención de riscos laborais e da seguridade e saúde no traballo, afondando en problemáticas de especial relevancia para a industria.

Durante a sesión abordarase a exposición laboral a axentes nocivos como o amianto, o po de sílice e o radón, así como o impacto dos hábitos de vida e factores como o tabaquismo ou a falta de ventilación na saúde das persoas traballadoras. A xornada contará coa participación de profesionais de referencia que achegarán a súa experiencia e visión práctica, favorecendo o intercambio de coñecementos e o establecemento de relacións entre asistentes.

Inscrición

É imprescindible confirmar a asistencia. Un evento exclusivo para asociados á Asime. Podes apuntarte aquí.

Programa

09.30 – 09.45: Cafe benvida

09.45 – 10.00: Apertura

  • Asime: Noa Sotelino, Técnica do Servizo Prevención Mancomunado Asime, SPM-Asime

10.00 – 10.45: Traballos con risco de exposición ao amianto e ao po de sílice

  • Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA): Alfonso M. Pérez, Xefe do Centro ISSGA Pontevedra

10.45 – 11.15: Exposición ao radón: normativa e medición

  • Laboratorio Radón de Galicia: Lucía Martin-Gisbert, Directora de Calidade e Investigadora de medicina preventiva e saúde pública da USC

11.15 – 11.45: Hábitos saúdables, tabaquismo e falta de ventilación

  • Alborada

11.45 – 12.00: Conclusiones e peche

12.00: Café Networking

octubre, 2025

lun

mar

mie

jue

vier

sab

dom

-

-

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

No hay evento

Compartir

Facebook
Twitter
LinkedIn
X