Eventos

Xornadas Técnicas sobre Seguridade e Saúde Laboral na Industria

Asime, co financiamento da Xunta de Galicia, convida a participar nas Xornadas Técnicas sobre seguridade e saúde laboral na industria, que terán lugar o mércores 15 de outubro ás 09.30 horas, na Sede de Asime Vigo (Rúa do Doutor Corbal, 51).

Contido

O principal obxectivo deste encontro é analizar e compartir coñecementos sobre cuestións de actualidade no ámbito da prevención de riscos laborais e da seguridade e saúde no traballo, facendo especial fincapé na perspectiva de xénero e nos retos que afronta a industria neste eido.

Durante a sesión trataranse temas clave como os riscos psicosociais vinculados á perspectiva de xénero, así como o impacto do absentismo laboral nas empresas. A xornada contará coa participación de profesionais de referencia que achegarán a súa experiencia e visión práctica para favorecer a mellora continua da cultura preventiva no sector.

Inscrición

É imprescindible confirmar a asistencia. Un evento exclusivo para asociados á Asime. Podes apuntarte aquí.

Programa

09.30 – 09.45: Cafe benvida

09.45 – 10.00: Apertura

  • Asime: Isabel Vázquez, Directora IDE-Asime
  • Xunta de Galicia: María Quintiana, Directora Xeral de Promoción da Igualdade

10.00 – 10.30: Riscos psicosociais e perspectivas de xénero

  • Grupo Arestora: Juancho Armental, CEO

10.30 – 11.00: Absentismo laboral

  • KPMG Abogados Galicia: Manuel Flores, Senior Manager Área Laboral

11.00 – 11.15: Conclusiones e peche

11.15: Café Networking

octubre, 2025

lun

mar

mie

jue

vier

sab

dom

-

-

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

No hay evento

Compartir

Facebook
Twitter
LinkedIn
X