Hemeroteca de prensa

«Un dos nichos principais para a industria galega na próxima década ten que ser a eólica mariña»

[Vía CRTVG] A patronal do metal de Galicia pide cambiar as normas e axilizar os trámites para poder instalar parques eólicos no mar de Galicia. O secretario xeral de ASIME, Enrique Mallón, explicou no Galicia por diante que «o Goberno está intentando ordenar as normas» para facer posibles eses parques mariños, pero os empresarios piden limitar a burocracia e ser máis áxiles. Reitera así o que defenderon onte en Vigo, nunhas xornadas en que participaron responsables e enxeñeiros de empresas do metal, de consultoría e de enerxía.

«Nós defendemos desde hai practicamente unha década a implantación de parques eólicos mariños flotantes preto da costa galega porque non teñen impacto visual, porque non teñen impacto ambiental. Dío Greenpeace e onde quedaba patente cun panel en que realmente estaban participando os maiores expertos, sen dúbida, de España e de parte de Europa, como Iberdrola ou Greenalia. E tamén o IDAE».

Lee la noticia completa

 

Compartir

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn


X