Previsión dun crecemento do 2,3% para a economía galega
[Vía El Correo Gallego]
O Foro Económico de Galicia acaba de publicar o seu Informe sobre as previsións de crecemento para a economía galega neste 2019. Estima así un aumento do PIB galego de 2,3 por cento, o que suporía un lixeiro descenso na súa evolución, equiparable ao da media de España.
O Foro crea este documento pretendendo establecer tres obxectivos que confeccionen as propostas para economía galega: o primeiro é presentar e ordear as previsións para o PIB da comunidade galega para o presente ano; a súa segunda intención é centrarse na avaliación da capacidade preditiva das diferentes institucións, tanto públicas como privadas durante o período entre 2015 e 2018, e finalmente coa combinación dos datos obtidos no apartado anterior, o informe propón unha previsión baseada na combinación das diferentes cifras dispoñibles para este ano.
Nos dous últimos anos as previsións ex-ante que máis se aproximaron foron as do Instituto Galego de Estatística (IGE) e Funcas, amosando esta última institución un lixeiro sesgo á alza. Pola contra o BBVA Research, Hispalink e AIReF amosaron o ano anterior, 2018, un sesgo á baixa nas súas estimacións.
Para este 2019 a previsión proposta polo Foro parte así da combinación da información ofrecida polo IGE, Funcas, BBVA Research e Hispanlink. Como resultado, obtívose unha media ponderada do aumento do PIB de Galicia do 2,6 %, cifra empregada polo grupo de economistas galegos para crear a Previsión Consenso Foro Económico de Galicia. Unha estimación de consenso que ten en conta os datos dunha enquisa aos membros natos do Foro e a información que proporciona o Indicador Abanca-Foro ata abril de 2019. Esperando así unha previsión do 2,3 por cento.