O colapso marítimo en Shanghái estrangula á industria galega: “Os prezos, de tolos”
Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, patronal metalúrxica galega, sostén que o que cambia é que agora chega menos materia prima necesaria para a automoción e o sector naval, como os microchips, que forzaron múltiples paradas na factoría viguesa de Grupo Stellantis. Tamén desde o seu gremio notan con forza o encarecemento dos últimos meses. “Os prezos multiplicáronse por cinco ou por seis nos últimos 18 meses e por dous nos últimos 12”.