Mindtech, á caza de investimento en Vigo: “A feira ten hoxe máis sentido que nunca”
O metal galego viviu onte unha xornada agridoce. Mindtech (Metal Industry and Technologies International Trade Fair), a feira galega do sector, comezou a súa terceira edición en Vigo coa intención de consolidarse como unha referencia na industria a nivel europeo e global e, como viñan avisando os seus organizadores nas últimas semanas, para converterse no mellor “escaparate” do que é capaz o tecido empresarial da comunidade.