Hemeroteca de prensa

Galicia impulsa 50 iniciativas empresariais para o desenvolvemento da Industria 4.0

[Vía Atlántico]

Galicia estña a desenvolver as iniciativas para impulsar a consolidación de Industria 4.0. É o caso do programa económico no que están participando 50 proxectos, vinculados ao ámbito da transformación do tecido industrial a través das novas tecnoloxías e fábrica intelixente. A Xunta, con apoios que superan os 3,1 millóns de euros, participa na neste obxectivo de que as pemes poidan avanzar neste camiño con propostas que, na mayoría dos casos, se executan baixo a coordinación dos clusters sectoriais da automoción, agroalimentación, aeronáutica, granito, madeira e naval. En total, estanse a movilizar for mals de 9,5 millons entre fondos públicos e privados.

Así, o Clúster da Automoción de Galicia (Ceaga) lidera un proxecto centrado na dixitalización dos procesos nesta industria estratéxica; o Clúster Alimentario e Galicia (Clusaga) está á fronte de iFood4.0, pensando na industria alimentaria do futuro; o Consorcio Aeronáutico impulsa un proxecto neste eido; o Clúster do Granito de Galicia albarca unha a para incorporar as novas tecnoloxías ao sector da pedra natural; e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia e o Clúster Naval Galego (Aclunaga) liderarán iniciativas para seguir incorp rando novas tecnoloxías a estas dúas industrias. Automoción, agroalimentación, aeronáutica, granito. Madeira e naval, impulsados polos respectivos clusters, están de este xeito entre os sectores que actúan como locomotoras da Industria 4,0 en Galicia. Ademais os novos proxectos desenvolidos neste marco servirán de exemplo a seguir o por outras empresas destes sectores estras tratéxicos para a Galicia como doutros ámbitos para avanzar na mellora competitiva do tecido industrial galego. Este progama enmárcase dentro da Axenda Industria 4.0 promovida pola Administración autonómica.

É o caso de proxecto PilotoAutomoción 4.0., para dixitalizar todos procesos, todas as áreas de negocio do sector da automoción están inmersas nun proceso de dixitalización da Industria 4.0 Para responder ás necesidades dos clientes é necesario implementar esta tecnoloxía, fomentando a conectividade que permite adaptarse aos cambios na cadea de subministración.

En canto ao proxecto liderado por Clusaga, IFood 4.0, a industria alimentaria do futuro en Falicia persegue a incorporación de solución tecnolóxicas á cadea de valor de alimentos e bebidas para desenvolver sistemas de almacenamento e instalación de produción máis intelixentes, integrando tecnoloxías da información en todo proceso.

Outro exemplo deste programa é o proxecto Stein Technologie. Está orientado ao deseño de novos produtos e novos sistemas de produción, ensaiando fórmulas no ámbito da extracción, transformación e colocación do granito e pedra natural. Búscase implementar melloras tecnolóxicas para facer fronte á competencia dos mercados exteriores. Galicia aposta por este novo modelo produtivo no que a innovación, as novas tecno- loxías e a dixitalización permiten ás empresas dar resposta ás demandas actuais. Estes proxectos premiados están enmarcados dentro da Axenda Industria 4.0 e, xunto con outras iniciativas que se están levando a cabo en Galicia no eido da fábrica intelixente, son a proba de que a modernización do tecido produtivo está en marcha.

“Este programa abriunos moitas oportunidades”

Goycar Galicia, empresa especializada en solucións industriais e con sede en Tameiga (Mos), é unha das firmas que participan no Proxecto Industria 4.O da man de Ceaga. E faino cun sistema de almacenaxe dinámico automatizado intelixente (Dinamic Shopstock 4.0), pensado especialmente para o sector da automoción pero que pode ser de aplicación a outras industrias. «Nós deseñamos un sistema de almacenamento en suspensión, que evita todo tipo de manipulación sobre pezas; é dicir, o traslado de pezas que habitualmente se fai en carretillas elevado- ras ou en contedores con es- te sistema faise de forma automática. É parecido ao que empregan as farmacias automatizadas».

Quen así fala é José Carlos González, director técnico do proxecto e responsable de Goycar Galicia xunto con César Caride, con quen conforma a segunda xeración desta empresa familiar. Para o desenvolvemento deste prototipo esta firma empregou dous anos de traballo. O sistema permite que o operario cargue a peza directamente nun gancho que atraslada para o seu almacenamento ata que volve a ser requerida a súa presencia. Para iso interveñen cadeas de arrastre, sistemas de visión artificial para as pezas, raís, rodas de desvío… Todo deseñado por Goycar Galicia. «A participación neste programa da Consellería de Industria foi moi importante para nós. Ceaga acompa-nounos en todo momento e isto nos abriu moitas oportunidades”, recoñece Jose Cralos González.

Trátase, como el mesmo salientou, dun proxecto deseñador e realizado íntegramente en Galicia, o que demostra o bo momento que vive a enxeñería galega. Polo seu prototipo xa se interesaron en varios países, como Francia.

Plan galego de financiamento para 800 proxectos

A Xunta vén de activar o Plan de financiamento empresarial de Galicia para 2019, co que se facilitara o acceso ao crédito necesario a 800 proxectos de emprendedores, microempresas e pemes grazas a un orzamento de 100 millóns. Con esta achega, a Administración autonómica prevé mobilizar máis de millóns a través de instrumentos financeiros de empresas. O crecemento das pequenas e medianas compañías no ámbito da Industria 4.0 e o apoio ás actividades de innovación.

Axuda a emprendedores: Impulsado a través do Igape e XesGalicia e coa colaboración de entidades como o Banco Europeo de Investimentos (BEI); o Instituto de Crédito Oficial (ICO); as sociedades de garantía recíproca Afigal e Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (Ces- ce), o programa enmárcase na Axenda Industria 4.0 e presta especial atención quenas e medianas compañías e microempresas co obxectivo fundamental de facilitar o acceso ao crédito e lograr un efecto multicaplicador dos fondos públicos -de feito, a previsión é multiplicar por tres o investimento final-. Entre as novidades que inclúe o plan, destaca o novo programa de préstamos para o financiamento de proxectos estratéxicos, destinado a iniciativas de millóns de euros. Dotada cun orzamento de 16,5 millóns de euros, a través desta nova liña prevese apoiar proxectos que mobilizarán 33 millóns.

 

Compartir

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn


X