Forte aposta por solucións tecnolóxicas ‘made in’ Galicia
As axudas facilitadas polo programa Maquinaria 4.0, activado pola Xunta de Galicia, permitirán desenvolver tecnoloxía que ata o momento non se produce na Comunidade. Así, apóiase con 987.000 euros a posta en marcha de proxectos realizados por empresas galegas que achegarán catro solucións tecnolóxicas no eido da maquinaria e bens de equipo a necesidades manifestadas por diferentes sectores do tecido produtivo.