Hemeroteca de prensa

A Deputación lidera un proxecto europeo de innovación azul

[Vía Atlántico]

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou onte no Auditorio Mar de Vigo a «Atlantic Area Annual Event», o eventò anual do Interreg, no que se deu a coñecer o proxecto europeo IN 4.0, que lidera a institución provincial e conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros. Este ano o encontro céntrase na innovación azul como motor principal para o crecemento sustentable na área atlántica, afondando nas claves da innovación da economía marina, asi como nas experiencias e boas prácticas desenvolvidas.

Para Silva, «que IN 4.O poida estar aquí, entre outros dez proxectos, amosa a posición pioneira das iniciativas da Deputación a nivel europeo e mesmo internacional». Neste eido, a presidenta amosou a súa satisfacción porque «con proxectos como este demostramos que a Deputación de Pontevedra ten un firme compromiso cos sectores produtivos estratéxicos da nosa provincia, claves para o noso desenvolvemento económico, para a xeración de riqueza e creación de postos de traballo cualificados e de calidade».

A través de IN 4.0 preténdese impulsar a dinamización e competitividade da industria naval da provincia de Pontevedra transformando o seu tipo de modelo nun negocio 4.0. Para elo, o proxecto conta con dez socios dos cales catro son españois, a Deputación de Pontevedra, Asime, Aclunaga e o Foro Marítimo Vasco; un de Portugal, Forum Océano; dous de Reino Unido, o Instituto de Investigación de Londres e o Departamento de Arquitectura Naval de Glasgow; dous franceses, o clúster do naval da Bretaña e o clúster industrial de Nantes, e un de Irlanda, o Instituto de Investigación de Cork.

Durante o «Atlantic Area Annual Evento» presentáronse algunhas das iniciativas que se están a desenvolver no marco do proxecto IN 4.0: IN 4.0 Connect.

 

Compartir

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn


X