Hemeroteca de prensa

Aumentar as vendas e xerar emprego, os novos retos da aeronáutica galega

[Vía El Correo Gallego]

A pesar do continuo avance do sector, as expectativas non se cumpriron no 2018

A facturación do sector aeronáutico en Galicia rexistrou un aumento do 2 % en 2018, mentres que en 2017 constatara unha suba nas súas vendas do 8%, polo que os resultados non foron os esperados.

A pesar delo o presidente do Consorcio Aeronáutico Galego (CAG), Enrique Mallón, explicou onte en rolda de prensa que o sector prevé xerar 150 empregos directos e aumentar a facturación en torno ao 5% este 2019, logo dun bienio de retos que superar. Para iso estase a traballar xa nunha estratexia internacional para atraer investimentos, acudindo a feiras e salóns internacionais aeronáuticos europeos, como o de Le Bourget, en París.

Asegurou Mallón que este sector, xunto co éolico, serán dos que máis crezcan nos próximos anos, incidindo deste xeito na importancia de empresas medias galegas como Utingal ou Coasa. Recoñeceu, neste sentido, que Portugal é un gran competente co que se podería establecer relacións máis estreitas. Na actualidade, as empresas galegas realizan un subministro de compoñentes de primeiro e segundo nivel dun avión, como o tren de aterraxe, ás ou estabilizadores, a compañías líderes como Boeing ou Airbus.

Na rolda de prensa celebrada en Compostela, o presidente tamén anunciou a celebración da 3ª edición do Congreso Aeronáutico Espacial, que terá lugar o vindeiro día 27 de xuño, a partir das nove da mañá, por primeira vez na capital galega este ano. Duascentas empresas e diferentes institucións xuntaranse na Cidade da Cultura para falar sobre o desenvolvemento deste sector nun evento adicado a Querétaro, estado mexicano no cal a evolución desa industria converteuse en modelo.

 

Compartir

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn


X