Asime: «A eólica mariña é a industria que nos pode dar máis alegrías en anos»
O grupo de traballo reuniuse no CIS. O Galician Offshore Energy Group, impulsado por Asime e outras destacadas empresas do sector, como Navantia, Iberdrola, Windar Renovables e decenas de empresas metalúrxicas da comunidade, reuniuse o pasado mércores no CIS para abordar as perspectivas dos parques en alto mar.