Hemeroteca de prensa

“As empresas son grandes representantes de Galicia no mundo”

[Vía: Atlántico]

Enrique Mallón Otero (Buenos Aires, Argentina, 1974) é licenciado en Dereito pola Universidad de Santiago de Compostela e secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) dende 2012

 

¿Como recibiu a noticia de ser o lector do bando do Día de Galicia en Vigo?

Cando mo propuxeron foi unha sorpresa pero ao mesmo tempo un tremendo orgullo e satisfacción por poder realizar esa lectura nun día tan entrañable para todos os galegos e vigueses, como o é amosar o cariño que temos todos por esta terra.

 

¿En que consitirá o bando?

Basicamente penso que o que debemos facer en calquera intervención deste tipo é honrar a Galicia, a nosa terra. Faremos referencia tanto a Galicia como a unha parte indisoluble de Galicia fundamental que é Vigo e  o seu entorno, poñer en valor as características e as peculiaridades en positivo que ten Galicia e os galegos.

 

Galicia, pero sobre todo Vigo, non se entenden sen a industria…

Penso que probablemente a unión entre o sector metalúrxico galego, a organización que o representa (Asime) e a cidade na que ten a súa sede, que é Vigo, seguramente son algunas das razóns pola que me fan esta proposta. Na miña labor profesional tento por en valor as características e as condicións positivas que ten Galicia no entorno económico e industrial e empresarial a nivel non só nacional senón internacional, e entendo que esas serían algunas das razóns polas que pensaron en min.

 

¿Son as empresas as mellores embaixadoras de Galicia no mundo?

Dende logo son unhas grandes representantes de Galicia, penso que tanto o longo da historia como nos últimos anos as empresas galegas, os sectores industriais, os empresarios e traballadores galegos demostramos que temos capacidade para ser líderes mundiais en determinados ámbitos e penso que así o demostramos no mundo do metal en xeral: automoción, naval, pero tamén granito, conserva ou textil. Dende logo temos líderes moi destacables que son galegos e empresas que tamén son líderes a nivel internacional. Nas últimas décadas probablemente estamos todos máis orgullosos de ser galegos e vigueses.

 

¿Cales son os retos de Galicia?

Hai un reto demográfico que temos que encarar e intentar superar nos próximos anos, vai ser un camiño longo pero se deben adoptar medidas con carácter urxente. Tamén penso que a nivel empresarial e industrial debemos seguir apostando pola innovación e a internacionalización e a nivel de infraestructuras temos que intentar tanto os representantes empresariais como sindicais e políticos que Galicia non queda atrás e se lle devolvan inversións que non recibiu durante moitos anos. Sabendo que hoxe en día o mundo empresarial é moi competitivo a nivel internacional non podemos esquecer a relevancia que teñen as infraestructuras e demandar todos os represenetantes que estamos na vida pública un trato igualitario cos demais territorios de España.

 

 

Compartir

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn


X