Ángeles Vázquez salienta que Galicia ten os deberes feitos en materia de economía circular
[Xornal21]
Ángeles Vázquez participou esta mañá nunha xornada webinar sobre a economía circular, organizada por Asime, onde recordou que Galicia leva meses traballando neste reto, para o que se dotou da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, dunha futura Lei de Residuos, centrada na redución do consumo de plásticos e do desperdicio alimentario e da Estratexia Galega de Economía Circular 2020-2030.